Mostrar mensagens com a etiqueta Coronavirus. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Coronavirus. Mostrar todas as mensagens

02/04/20






O Colexio Oficial de Psicólogos/as de Galicia elaborou unha serie de domentos dirixidos a distintos sectores da poboación co obxectivo de achegarnos unha serie de pautas para afrontar o confinamento que estamos a vivir.

-"Axenda para adolescentes confinad@s"  
Neste documento explican a importancia de fomentar as fortalezas dos mozos e mozas neste momento de espera. 

 


-"Información e recursos útiles para persoas maiores e coidadoras/es sometidas a confinamento por mor da pandemia por COVID-19"
Neste documento amósase información básica de contacto para chamar en caso de necesitar axuda, consellos sobre como comunicar e consumir información sobre a pandemia, acceso a algunhas actividades de ocio, de estimulación da memoria e doutras funcións cognitivas gratuítas, e algunha rutina de exercicio físico adaptado. 


  
- "Pautas de afrontamento para reducir o impacto psicolóxico no confinamento por coronavirus (elaborado para o SERGAS)"
O propósito deste documento é axudarnos a pasar "o menos mal posible" estes días de confinamento.
 
 

27/03/20

Entrevista a Alba Núñez Aldudo

Alba


Alba Núñez Aldudo, ex-alumna do IES de Curtis, quere compartir hoxe connosco, a través desta entrevista, os seus coñecementos como enfermeira para que dispoñamos dunha información veraz sobre este novo coronavirus que estamos a padecer. 

Preme AQUÍ para ler esta entrevista.

22/03/20

Vídeo sobre o MUPEGA






A alumna Salma Mariño Vázquez (2º ESO) realizou un vídeo sobre o Museo Pedagóxico de Galicia e quere compartilo con todas e todos vós. Outro bo plan...

Clica AQUÍ para velo




21/03/20

MUSEO DOMUS




 
Logotipo do Museo Domus



 Comparto hoxe convosco este traballo da alumna Laura Vázquez Vázquez (2º ESO) sobre o museo Domus (A Coruña). Se clicas AQUÍ podes ver unha presentación sobre el. Haberá que ir programando unha visita...





18/03/20

Sanidade ofrece un autotest con recomendacións sobre o coronavirus


Bo día 2º ESO!
Como estades? 
Hoxe déixovos esta noticia para que traballedes as actividades propostas.



A Consellería de Sanidade anunciou este luns a posta á disposición da cidadanía, a través da páxina web dedicada á situación de crise polo coronavirus SARS-CoV-2, dun autotest para que a cidadanía poda consultar síntomas e resolver dúbidas relacionadas con esta enfermidade.


A proba interactiva, elaborada por persoal sanitario, achega á poboación información actualizada sobre cuestións relacionadas co coronavirus, Do mesmo xeito, ofrece distintos itinerarios adaptados á situacións particulares de cada persoa. A ferramenta engádese deste xeito ao teléfono de información 900 400 116, aberto desde o comezo da crise, e que recibe miles de chamadas diarias.
                                                                             Vía: GCiencia
 

Realiza as seguintes actividades relacionadas con esta noticia:

1. Busca no dicionario o significado das palabras subliñadas.

2. Redacta de novo esta noticia utilizando as túas propias palabras. Neste blogue poderá ser publicada (sería interesante que a acompañases dunha imaxe).


-Podes acceder ao autotest nesta ligazón: https://coronavirus.sergas.gal/autotest/index.html?lang=gl-ES 

-Se queres ler a noticia completa clica AQUÍ

17/03/20


 A escritora Marilar Aleixandre publicou en Nós Diario este artigo sobre este novo virus que nos puxo en modo "corentena"

Nove reflexións sobre o coronavirus

Unha, S de saúde: o sistema de saúde público é o único que pode ter conta dunha crise desta magnitude. En Galicia e España temos un dos mellores sistemas sanitarios do mundo. Cómpre pedir contas aos gobernos que levan anos detraendo cartos e recursos da saúde pública e transvasándoos á privada.

Dúas, P de pánico: o pánico é inútil e improdutivo.

Tres, D de disciplina: precisamos un chisco de disciplina colectiva. Nese sentido podemos aprender algunhas leccións de China e de como en dous meses están logrando conter o andazo. Algunhas, non todas, pois non podemos sacrificar a liberdade de prensa nin outros dereitos individuais. Coñecín algo da cultura confuciana en viaxes de traballo a Corea do Sur e Vietnam o ano pasado: en xeral a disciplina é valorada, mentres que entre nós ten connotacións negativas. Hai quen considera estupendo ignorar as normas de circulación ou a prohibición de fumar, chegar con retraso ou mercar marisco en veda. Advirto que a indisciplina non ten nada que ver coa rebeldía fronte ás inxustizas.

Catro, C de cooperación: a crise é unha boa oportunidade para desenvolver a solidariedade, así cooperar coa veciñanza ou outros nais e pais para coidar das criaturas durante o peche das escolas. Emocionan as iniciativas de estudantes universitarias ofrecéndose voluntariamente.

Cinco, R de responsabilidade: é esencial un comportamento individual responsábel, atender recomendacións como chamar por teléfono ante os síntomas de contaxio e non ir de contado aos centros médicos, evitando o colapso. Lavar as mans é unha das medidas máis eficaces (e baratas).

Seis, A de acaparamento: somos seres sociais, é necesario compartir recursos. Acaparar máscaras ou roubalas nos hospitais é ruín. Arramplar con montes e moreas de comida ou papel hixiénico nos supermercados é disparatado.

Sete, E de economía: talvez cheguemos a nos contaxiar 60 ou 70% como di Angela Merkel. Porén, o que é seguro son as consecuencias económicas, os danos para as pequenas empresas, especialmente para quen traballan en sectores relacionados con hostalaría ou turismo. Se isto leva a mudanzas dunha economía baseada no turismo, por outra fundamentada na innovación e a industria, sería unha boa aprendizaxe.

Oito, L de libros: que facer con nenos e nenas cando as escolas están pechadas? Hai un artefacto de papel no que están moitos mundos posíbeis. Tamén camiñar polo monte.

Nove, M de médicas e médicos: grazas!
Nós Diario, 14/03/2020

16/03/20

Unha visita virtual polos museos galegos

Boa tarde  2º ESO!

Aprender desde a casa tamén pode ser interesante. Hoxe déixovos AQUÍ un enlace aos Museos de Galicia. Realiza unha visita virtual por eles e despois, se queres, elabora un traballo en formato dixital  (presentación, audio, vídeo...) sobre aquel que che interesou máis. Estes traballos ireinos colgando neste blog para que todo o alumnado poida acceder a eles.  


Domus (A Coruña)

Museo Terra de Melide

Museo do Pobo Galego