Mostrar mensagens com a etiqueta 1º ESO. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta 1º ESO. Mostrar todas as mensagens

16/02/16

18/02/15

Castelao

 Castelao: O neno das piñas, ca. 1926. Museo de Pontevedra

. Describe esta pintura

12/02/15

Partes do corpo

Imaxes: http://gl.wikibooks.org/wiki/O_corpo_humano


- Neste ENLACE accedemos a un xogo interactivo relacionado co tema.

12/11/14

A doniña cerva



LENDA
A DONIÑA CERVA


No castelo de Doiras moraba un cabaleiro de nome Froiaz, con dous fillos: Egas e Aldara .
O fillo doutro señor dun castelo veciño namorouse de Aldara. O seu amor foi correspondido e, parecéndolle ben aos seus pais, o casamento anunciouse.
Un serán, Aldara desapareceu do castelo. Pai e irmán, criados e escudeiros, mesmo o seu namorado acompañado das súas xentes, foron na súa busca por montes e bosques, por pallozas e casaríos... despois dalgúns días de buscas infrutuosas, deron por definitiva a perda de Aldara, maxinándoa morta por algún xabaril, algún oso, ou devorada polos lobos...
Un día Egas, estando de caza, albiscou unha fermosa cerva branca. Dun disparo único e certeiro rematou coa vida do animal, pero non se decatara de que era imposible levala ata o castelo polo seu peso excesivo (ou, se cadra, porque a neve dificultaba o transporte), así que cortou a pata dianteira da cerva (para sinalar que o animal lle pertencía, ou para poder mostrar un trofeo que dera conta da súa fazaña). E cando foi amosarlle ao seu pai a pata da cerva , contándolle o éxito atinxido, arrepiados, viron como, o que Egas sacou da bolsa foi unha man; unha man fina, branca, suave; unha man de doncela fidalga. E nun dos dedos daquela man relucía un fermoso anel de ouro cunha pedra roiba. Pai e fillo lembraron que aquel era o anel da malfadada Aldara...
Con ánimo dorido correron monte arriba, cara ao lugar onde Egas dera morte á cerva. Alí atoparon, deitado no chan, o cadáver de Aldara, á quen lle faltaba unha man...
Segundo o que di a lenda, algún mouro debeu encantala en figura de cerva, e a morte encargouse de volvela ao seu estado natural de doncela. Pero endexamais puido saberse a razón.

28/09/14

Carrizo

Paxaro da orde dos paseriformes (Troglodytes troglodytes), de pequeno tamaño, cor parda, rabo curto e ás arredondadas.
                                                                                                       ( Dicionario RAG )


 

Carrizo

  "  ¡Ai, como chora o carrizo!
      alguén lle desfixo o niño,
   o seu niño de primores,
o seu primoroso niño,
 o seu niño de amores "

                                            (Popular)



 Desde aquí podes escoitar o seu canto. Recoñécelo?

03/04/14

"Unha rúa nun porto lonxano", Castelao

















Escultura de Castelao en Sargadelos

Desde aquí podes acceder ao texto "Unha rúa nun porto lonxano" da autoría dun dos nosos escritores máis universais, Castelao.

Preme neste enlace para ler o relato "Peito de lobo".















13/12/13

Ovella...

Foto: Fernando Vázquez Amil


Unha ovella (Ovis aries) é un ruminante ungulado cuadrúpede laúdo, femia da especie. O macho desta especie chámase carneiro e xeralmente presenta cornos longos e en espiral (nalgunhas razas a femia tamén os posúe). Orixinouse a partir da domesticación do muflón en Oriente Próximo 9.000 anos antes de Cristo.
Existen máis de 800 tipos de ovellas no mundo, en hábitats tan diversos como desertos e altas montañas.
O grupo de ovellas chámase rabaño e o cercado onde se meten chámase curro, zarrado ou mallada.

Vía galipedia

04/12/12

Agustín Fernández Paz





O autor de Lúa do Senegal

   Agustín Fernández Paz acaba de estrear na rede o seu blog desde o que podemos acceder a unha ampla información sobre o autor e a súa obra. 
    

16/04/12

Urbano Lugrís


Paxaro-da praia-lavandeira


1. Realiza unha descrición de aproximadamente 10 liñas sobre esta pintura de Urbano Lugrís. 

2. Elabora unha ficha técnica sobre Lugrís Freire utilizando a presentación que podes abrir neste enlace.

28/02/12

Acuarela. Toquinho




Numa folha qualquer eu desenho um sol amarelo.
E com cinco ou seis retas é fácil fazer um castelo.
Corro o lápis em torno da mão e me dou uma luva.
E se faço chover com dois riscos tenho um guarda-chuva.
Se um pinguinho de tinta cai num pedacinho azul do papel,
num instante imagino uma linda gaivota a voar no céu.
Vai voando contornando a imensa curva norte sul.
Vou com ela viajando, Havaí, Pequim ou Istambul.
Pinto um barco a vela branco navegando.
É tanto céu e mar num beijo azul.
Entre as nuvens vem surgindo um lindo avião rosa e grená.
Tudo em volta colorindo com suas luzes a piscar.
Basta imaginar e ele está partindo, sereno indo,
e se a gente quiser ele vai pousar.
Numa folha qualquer eu desenho um navio de partida,
com alguns bons amigos, bebendo de bem com a vida.
De uma América a outra eu consigo passar num segundo.
Giro um simples compasso e num círculo eu faço o mundo.
Um menino caminha e caminhando chega num muro.
E ali logo em frente a esperar pela gente o futuro está.
E o futuro é uma astronave que tentamos pilotar.
Não tem tempo nem piedade, nem tem hora de chegar.
Sem pedir licença muda nossa vida, e depois convida a rir ou chorar.
Nessa estrada não nos cabe conhecer ou ver o que virá.
O fim dela ninguém sabe bem ao certo onde vai dar.
Vamos todos numa linda passarela de uma aquarela
que um dia enfim….
descolorirá!”

A saia da Carolina


Pon as comas que faltan neste texto. En total son doce.

    Despois de escoitar as últimas noticias do día como facía decote Ramón Rama o Seisdedos foise deitar. Ás atoutiñadas acendeu a morriñenta luz da lámpada da mesiña de noite para non molestar a Mercedes a súa muller que xa durmía. Estaba a punto de dar a media noite. Espiuse preguiceiramente e pendurou a camisa a gravata e mais o traxe nunha cadeira que tiña alí adrede para iso. Os calcetíns deixounos nos zapatos. Pousou o paquete de tabaco e mais o acendedor na mesiña de noite. Finalmente vestiu o pixama e meteuse na cama. Axustou nas orellas os auriculares dun reloxo espertador para escoitar o programa deportivo da noite e inexplicablemente sentiu receo dos números vermellos que o vixiaban con olladas de lume. Desacougado sacou os auriculares e apagou a radio. Axiña prendeu nel un sono quedo nervioso fuxidío.

Pepe Carballude, Romaxe de desventuras

Solución aquí

25/10/11

Ollo coa puntuación!


No reinado de don Carlos de Portugal, o ministro de Xustiza presentoulle ao rei o expediente de indulto dun reo sentenciado a prisión. Na marxe, o ministro puxera, como facía sempre, a súa opinión sobre o asunto, expresándoo deste xeito:
-"Perdón imposible; que cumpra a súa condena".
O rei leu a nota, e como el era partidario de conceder o indulto solicitado, borrou con moito tento o punto e coma e cambiouno de sitio, quedando a cousa así:
-"Perdón; imposible que cumpra a condena".
E a seguir, do seu puño e letra, escribiu : "Concedido", e asinou.