Mostrar mensagens com a etiqueta 3º ESO. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta 3º ESO. Mostrar todas as mensagens

04/12/12

Agustín Fernández Paz





O autor de Lúa do Senegal

   Agustín Fernández Paz acaba de estrear na rede o seu blog desde o que podemos acceder a unha ampla información sobre o autor e a súa obra. 
    

27/05/12

O noso himno

Andamos estes días en 3º de ESO estudando o noso himno. Fica aquí este vídeo que coido que pode axudar á súa memorización.  Sei dalgunha e dalgún que anda nestes vieiros... Ánimo!

27/03/12

"Levóus' a louçana, levóus' a velida"


Paulina Ceremużyńska, integrante do Grupo de Música Antiga MEENDINHO, interpreta a coñecida cantiga de Pero Meogo, "Levóus' a louçana, levóus' a velida". Este vídeo reproduce esta composición literaria e musical.






02/12/11

Ondas do mar de Vigo




Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo?
E ay Deus, se verrá cedo!

Ondas do mar levado,
se vistes meu amado?
E ay Deus, se verrá cedo

Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro?
E ay Deus, se verrá cedo

Se vistes meu amado,
por que ey gran coydado?
E ay Deus, se verrá cedo!
                         
            Martim Codax

28/11/11

31/10/11

Casahamlet e Rosalía

Manuel Lourenzo e Santiago Fernández


Manuel Lourenzo, Santiago Fernández e os músicos Manu Clavijo e Brandán Lourenzo, Casahamlet, representan  a obra Ao raso coas lebres, espectáculo baseado en textos de Rosalía de Castro. Aquí podemos visualizar este traballo  recollido en REDETIC-Vídeos.

25/10/11

Ollo coa puntuación!


No reinado de don Carlos de Portugal, o ministro de Xustiza presentoulle ao rei o expediente de indulto dun reo sentenciado a prisión. Na marxe, o ministro puxera, como facía sempre, a súa opinión sobre o asunto, expresándoo deste xeito:
-"Perdón imposible; que cumpra a súa condena".
O rei leu a nota, e como el era partidario de conceder o indulto solicitado, borrou con moito tento o punto e coma e cambiouno de sitio, quedando a cousa así:
-"Perdón; imposible que cumpra a condena".
E a seguir, do seu puño e letra, escribiu : "Concedido", e asinou.

21/10/10

CASTIÑEIRO

CASTIÑEIRO

Castanea sativa. Fam das fagáceas.

Kastana é unha cidade do Ponto (Mar Negro) onde había moitos castiñeiros. Sativa, do lat.: cultivado, plantado. Parece que foron os romanos os que a estenderon por Galiza.
De folla caduca, fortemente dentada e alterna. A flor é a candea ou candeón, é moi valorado o mel de candeón. O froito é a castaña, que se presenta en grupos de 2-3 recubertas por unha cúpula verde con espiñas, o ourizo. Ao madurecer o ourizo cae e deixa saír a castaña. As castañas foron o alimento básico en moitas aldeas antes de chegaren as patacas (aínda hoxe nalgún lugar lle chaman castaña á pataca, noutros chámanlle á castaña árbore do pan). Bótanse ao caldo, cocidas e con leite, asadas no canizo (os bullós, os zonchos), e modernamente o marron glacé exportado a moitos países. A festa das castañas é o magosto
A madeira sempre foi apreciada para os mobles de calidade.
Xunto co carballo é unha das nosas especies autóctonas a conservar.
A mellor sombra nos días de verán é a do castiñeiro, estase fresco e corre o aire. Por iso as romarías se facían nos soutos de castiñeiros.
A castaña quere en agosto quecer e en setembro beber (dito poupular: para que haxa boas castañas ten que quecerse ben en agosto e chover en setembro)

FONTE: http://www.ogalego.eu/exercicios_de_lingua/solucions/lexico/plantas2/castinheiro.html