O Colexio Oficial de Psicólogos/as de Galicia elaborou unha serie de domentos dirixidos a distintos sectores da poboación co obxectivo de achegarnos unha serie de pautas para afrontar o confinamento que estamos a vivir.
-"Axenda para adolescentes confinad@s"
Neste documento explican a importancia de fomentar as fortalezas dos mozos e mozas neste momento de
espera.
-"Información e recursos útiles para persoas maiores e coidadoras/es sometidas a confinamento por mor da pandemia por COVID-19"
Neste documento amósase información básica de contacto para chamar en caso
de necesitar axuda, consellos sobre como comunicar e consumir información sobre
a pandemia, acceso a algunhas actividades de ocio, de estimulación da memoria e
doutras funcións cognitivas gratuítas, e algunha rutina de exercicio físico
adaptado.
- "Pautas de afrontamento
para reducir o impacto psicolóxico no confinamento por coronavirus (elaborado
para o SERGAS)"
O propósito
deste documento é axudarnos a pasar "o menos mal posible" estes días de confinamento.
Sem comentários:
Enviar um comentário