Mostrar mensagens com a etiqueta 2º ESO. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta 2º ESO. Mostrar todas as mensagens

24/03/20

Domus: audio informativo sobre este museo


 
Domus



Bo día comunidade!

O alumno Julán Pérez Seoane (2º ESO) comparte connosco este audio que realizou sobre o museo Domus (A Coruña).

Preme AQUÍ para acceder a este traballo.

22/03/20

Vídeo sobre o MUPEGA






A alumna Salma Mariño Vázquez (2º ESO) realizou un vídeo sobre o Museo Pedagóxico de Galicia e quere compartilo con todas e todos vós. Outro bo plan...

Clica AQUÍ para velo




21/03/20

MUSEO DOMUS




 
Logotipo do Museo Domus



 Comparto hoxe convosco este traballo da alumna Laura Vázquez Vázquez (2º ESO) sobre o museo Domus (A Coruña). Se clicas AQUÍ podes ver unha presentación sobre el. Haberá que ir programando unha visita...





18/03/20

Sanidade ofrece un autotest con recomendacións sobre o coronavirus


Bo día 2º ESO!
Como estades? 
Hoxe déixovos esta noticia para que traballedes as actividades propostas.



A Consellería de Sanidade anunciou este luns a posta á disposición da cidadanía, a través da páxina web dedicada á situación de crise polo coronavirus SARS-CoV-2, dun autotest para que a cidadanía poda consultar síntomas e resolver dúbidas relacionadas con esta enfermidade.


A proba interactiva, elaborada por persoal sanitario, achega á poboación información actualizada sobre cuestións relacionadas co coronavirus, Do mesmo xeito, ofrece distintos itinerarios adaptados á situacións particulares de cada persoa. A ferramenta engádese deste xeito ao teléfono de información 900 400 116, aberto desde o comezo da crise, e que recibe miles de chamadas diarias.
                                                                             Vía: GCiencia
 

Realiza as seguintes actividades relacionadas con esta noticia:

1. Busca no dicionario o significado das palabras subliñadas.

2. Redacta de novo esta noticia utilizando as túas propias palabras. Neste blogue poderá ser publicada (sería interesante que a acompañases dunha imaxe).


-Podes acceder ao autotest nesta ligazón: https://coronavirus.sergas.gal/autotest/index.html?lang=gl-ES 

-Se queres ler a noticia completa clica AQUÍ

16/03/20

Unha visita virtual polos museos galegos

Boa tarde  2º ESO!

Aprender desde a casa tamén pode ser interesante. Hoxe déixovos AQUÍ un enlace aos Museos de Galicia. Realiza unha visita virtual por eles e despois, se queres, elabora un traballo en formato dixital  (presentación, audio, vídeo...) sobre aquel que che interesou máis. Estes traballos ireinos colgando neste blog para que todo o alumnado poida acceder a eles.  


Domus (A Coruña)

Museo Terra de Melide

Museo do Pobo Galego

22/11/17

O acento gráfico

 
Acento agudo


   Déixovos aquí este documento que recolle as regras máis básicas  do emprego do acento gráfico na nosa lingua.

18/02/15

Castelao

 Castelao: O neno das piñas, ca. 1926. Museo de Pontevedra

. Describe esta pintura

12/02/15

Partes do corpo

Imaxes: http://gl.wikibooks.org/wiki/O_corpo_humano


- Neste ENLACE accedemos a un xogo interactivo relacionado co tema.

14/11/14

María Soliña

  Polos camiños de Cangas
a voz do vento xemía:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Nos areais de Cangas,
muros de noite se erguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As ondas do mar de Cangas
acedos ecos traguían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
As gaivotas sobre Cangas
soños de medo tecían:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Baixo os tellados de Cangas
anda un terror de auga fría:
ai, que soliña quedache,
María Soliña.
Celso Emilio Ferreiro


O proceso contra María Soliña. Historias de Galicia

03/04/14

"Unha rúa nun porto lonxano", Castelao

















Escultura de Castelao en Sargadelos

Desde aquí podes acceder ao texto "Unha rúa nun porto lonxano" da autoría dun dos nosos escritores máis universais, Castelao.

Preme neste enlace para ler o relato "Peito de lobo".















27/03/14

Neira Vilas: "A fuxida do pintor Li"

Neira Vilas na Fundación que leva o seu nome (Gres, Pontevedra)
Neste documento podes acceder a un relato da autoría de Neira Vilas. Despois de lelo detidamente, realiza as actividades de comprensión que se indican.

13/12/13

Ovella...

Foto: Fernando Vázquez Amil


Unha ovella (Ovis aries) é un ruminante ungulado cuadrúpede laúdo, femia da especie. O macho desta especie chámase carneiro e xeralmente presenta cornos longos e en espiral (nalgunhas razas a femia tamén os posúe). Orixinouse a partir da domesticación do muflón en Oriente Próximo 9.000 anos antes de Cristo.
Existen máis de 800 tipos de ovellas no mundo, en hábitats tan diversos como desertos e altas montañas.
O grupo de ovellas chámase rabaño e o cercado onde se meten chámase curro, zarrado ou mallada.

Vía galipedia

05/06/13

Avaliación de Diagnóstico 2013

Se eu fose diagnosticadora da Consellería de Educación, será este  o nome que reciben estes incomparables profesionais do ensino?, realizaría unha proba de diagnóstico que contase unicamente cun só acto. Ben podería ser este:
Fonte:  Carlos Blanco


1. Cal é a intención comunicativa deste texto?
2. A que cres que é debida a utilización do inglés como lingua vehicular?
2. Explica coas túas palabras o contido da imaxe.
3. Dá a túa opinión sobre o tema exposto.

04/03/13

Exposición Rosalía de Castro

Exposición elaborada polos centros de primaria Fernández Latorre (A Coruña), Wenceslaro Fernández Flórez (Cambre), Praia de Quenxe (Corcubión) e Galán (Oseiro-Arteixo) con motivo do 125 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro.