Mostrar mensagens com a etiqueta Rosalía de Castro. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta Rosalía de Castro. Mostrar todas as mensagens

15/04/13

Roteiro rosaliano

  Visita cultural á Casa-Museo Rosalía de Castro (11-04-2013)

 
Vin de Santiago a Padrón
cun chover que era arroiar

                  Rosalía de Castro       



04/03/13

Exposición Rosalía de Castro

Exposición elaborada polos centros de primaria Fernández Latorre (A Coruña), Wenceslaro Fernández Flórez (Cambre), Praia de Quenxe (Corcubión) e Galán (Oseiro-Arteixo) con motivo do 125 aniversario do pasamento de Rosalía de Castro.

27/02/13

"Ninfa das frescas augas"

Roi Casal interpreta estes versos da nosa Rosalía.



— Meniña, ti a máis fermosa
que a luz do sol alumbrara;
ti a estrela da mañanciña
que en puras tintas se baña;
ti a frol das froridas cumbres,
ti a ninfa das frescas augas,
ti como folla do lirio
branca, pura e contristada
¿Quen eres, fada sin nome
de tan dormentes miradas,
de tan dorida sonrisa
de feituriña tan cándida?
¿Quisais de muller naceches
sendo tan limpia e tan casta?
¿Quisais das brisas da tarde,
quisais das brétemas vagas
das burbulliñas dun río,
quisais dunha nube branca?
¿Ou as espumas do mare
a un raio de sol xuntadas
pousáronte ó ser de aurora
nunha cunchiña de nacra?
Mais, de onde queira que sexas,
tristísima pasionaria,
por ti sinto un amor puro
que pouco a pouco me mata.
Por ti, de noite e de día,
cal vaga sombra encantada,
preto do teu vivir ximo,
ximo cos ventos que pasan
facendo vibrar sonoras
sentidas cordas dun harpa,
que con ecos tembradores
dos meus amores che falan.
Mais dime: ¿por que estás muda,
di por que estás solitaria,
di por que vives nos montes
cos paxariños que cantan,
mentras ti choras e choras
ó pé dun olmo sentada,
toda de loito cuberta,
toda cuberta de lágrimas.

06/03/12

Cantarei Galicia

     


Cantart' ei, Galicia,

teus dulces cantares,

qu' asi mó pediron

na veira do mare.

 
Cantar t' ei, Galicia,

na lengua gallega,

consolo dos males,

alivio das penas.



Mimosa, soave,

sentida, queixosa,

encanta si rie,

conmove si chora.


Cal ela, ningunha

tan dulce que cante,

soidades amargas,

sospiros amantes.

 
Misterios da tarde,

murmuxos da noite:

cantar t' ei, Galicia,

na veira das fontes.

 
Qu' asi mó pediron,

qu' asi mó mandaron,

que cant' e que cante

na lengua qu' eu falo.


Rosalía de Castro: texto
Xosé Manuel: música

Unha vez tiven un cravo


Recita: Estíbaliz Espinosa


Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón,
i eu non me acordo xa se era aquel cravo
de ouro, de ferro ou de amor.
Soio sei que me fixo un mal tan fondo,
que tanto me atormentou,
que en día e noite sin cesar choraba
cal chorou Madanela na pasión.
«Señor, que todo o podedes,
-pedinlle unha vez a Dios-
daime valor para arrincar dun golpe
cravo de tal condición».
E doumo Dios e arrinqueino,
mais... ¿quen pensara...? Despois
xa non sentín máis tormentos
nin soupen que era delor;
soupen só que non sei que me faltaba
en donde o cravo faltou,
e seica, seica tiven soidades
daquela pena... ¡Bon Dios!
Este barro mortal que envolve o esprito
¡quen o entenderá, Señor...!

26/02/12


Na páxina Aula de Literatura,  imprescindíbel a estas alturas na preparación das nosas clases, podemos escoitar poemas de Rosalía musicados.



Audición de poemas cantados de Follas Novas


25/02/12

Rosalía: Escolma Poética



Camelia da Casa da Matanza

Deixamos aquí unha escolma poética da nosa escritora máis universal: Rosalía de Castro.

31/10/11

Casahamlet e Rosalía

Manuel Lourenzo e Santiago Fernández


Manuel Lourenzo, Santiago Fernández e os músicos Manu Clavijo e Brandán Lourenzo, Casahamlet, representan  a obra Ao raso coas lebres, espectáculo baseado en textos de Rosalía de Castro. Aquí podemos visualizar este traballo  recollido en REDETIC-Vídeos.

17/11/10

ROSALÍA DE CASTRO


Rosalía de Castro


Enlace páxina Fundación  Rosalía 

PDF "Campana de Bastavales"








Guadi Galego interpreta o poema de Rosalía"Tembra un neno"
 



Deixo aquí dous vídeos nos que Amancio Prada pon a voz a dous poemas seus.



17/10/10

ROSALÍA DE CASTRO

Rosalía de Castro, nada en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837 e finada en Padrón o 15 de xullo de 1885, é unha das meirandes escritoras en lingua galega así como tamén unha das principais responsábeis do Rexurdimento galego decimonónico. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase co gallo de ser a data de edición da súa obra Cantares gallegos.