LENDA
A
DONIÑA CERVA
No
castelo de Doiras moraba un cabaleiro de nome Froiaz, con dous
fillos: Egas
e Aldara .
O
fillo doutro señor dun castelo veciño namorouse de Aldara. O seu
amor foi correspondido e, parecéndolle ben aos seus pais, o
casamento anunciouse.
Un
serán, Aldara desapareceu do castelo. Pai e irmán, criados e
escudeiros, mesmo o seu namorado acompañado das súas xentes, foron
na súa busca por montes e bosques, por pallozas e casaríos...
despois dalgúns días de buscas infrutuosas, deron por definitiva a
perda de Aldara, maxinándoa morta por algún xabaril, algún oso, ou
devorada polos lobos...
Un día Egas, estando de caza, albiscou unha fermosa cerva branca. Dun disparo único e certeiro rematou coa vida do animal, pero non se decatara de que era imposible levala ata o castelo polo seu peso excesivo (ou, se cadra, porque a neve dificultaba o transporte), así que cortou a pata dianteira da cerva (para sinalar que o animal lle pertencía, ou para poder mostrar un trofeo que dera conta da súa fazaña). E cando foi amosarlle ao seu pai a pata da cerva , contándolle o éxito atinxido, arrepiados, viron como, o que Egas sacou da bolsa foi unha man; unha man fina, branca, suave; unha man de doncela fidalga. E nun dos dedos daquela man relucía un fermoso anel de ouro cunha pedra roiba. Pai e fillo lembraron que aquel era o anel da malfadada Aldara...
Con ánimo dorido correron monte arriba, cara ao lugar onde Egas dera morte á cerva. Alí atoparon, deitado no chan, o cadáver de Aldara, á quen lle faltaba unha man...
Segundo o que di a lenda, algún mouro debeu encantala en figura de cerva, e a morte encargouse de volvela ao seu estado natural de doncela. Pero endexamais puido saberse a razón.

Sem comentários:
Enviar um comentário