Eixo Atlántico publica “Un Camiño de Futuro” unha guía en formato cómic do Camiño de Santiago
Luns, 16 Novembro 2020 10:56Presenta ás cidades do Eixo Atlántico polas que discorre en Camiño
“Un Camiño de Futuro” é a nova
publicación realizada polo Eixo Atlántico. Trátase dunha Guía do Camiño
de Santiago moi visual, realizada en formato cómic polos debuxantes
Norberto Fernández e Daniel Docampo.
Percorre múltiples Camiños a
Santiago como: Camiño Inglés, do Norte, Primitivo, Francés, de inverno,
do Sueste, Portugués Interior, de “Geira e dos Arrieiros”, portugués
central, Variante de Braga, de Torres, Portugués pola Costa, Mar de
Arousa e Fisterra- Muxía. Estes camiños percorren as 35 cidades e a
provincia de Lugo que se integran no Eixo Atlántico.
Edítanse 74. 000 exemplares de catro idiomas: castelán, galego, portugués e inglés.
O Camiño é unha oportunidade para coñecer a inmensa riqueza cultural, histórica e patrimonial que reúnen ás cidades do Eixo Atlántico e todas as vilas e lugares da contorna que atravesa o Camiño.
O Camiño de Santiago foi considerado, nas súas diversas rutas, o primeiro Itinerario Cultural Europeo e galardoado como Patrimonio da Humanidade pola Unesco no caso do Camiño Francés, estendido ao Camiño do Norte e ao Primitivo. Así mesmo, o Eixo Atlántico mantén todo o seu empeño para que se poida conseguir o mesmo recoñecemento para o Camiño Portugués.
Sem comentários:
Enviar um comentário