- O primeiro que chegue á árbore, quedará coa cesta da froita.
Pero cando o home deu o sinal para que empezase a carreira, ocorreu algo insólito: as nenas e os nenos colléronse da man e comezaron a correr xuntos. Ao chegar ao mesmo tempo, puxéronse a gozar todos do premio. Sentaron e repartíronse as froitas.
O antropólogo preguntoulles por que fixeran iso se unha persoa soa podía quedarse con toda a cesta. Un dos nenos respondeu:
- 'Ubuntu'. Como vai estar un de nós feliz se o resto está triste?
O home quedou impresionado pola sensata resposta dese pequeno. “Ubuntu”, é unha antiga palabra africana que na cultura Zulú e Xhosa significa 'Eu son porque nós somos'. É unha filosofía de vida, que consiste en crer que cooperando conséguese a harmonía xa que se logra a felicidade de todas e de todos.
Sem comentários:
Enviar um comentário