18/01/19

A primeira folga de mulleres en Galicia

Ao redor de catro mil mulleres traballaban en 1857 na Fábrica de Tabacos da Coruña, segundo recollía nese momento o xornal pontevedrés El País. A cifra é aproximada (e seguramente superior ao número real) pero dá conta da importancia desta instalación fabril, posiblemente a que nese momento reunía en Galicia a máis obreiros. Eran mulleres na súa maioría, que todas as mañás chegaban dende todos os puntos da comarca ao edificio situado na Palloza. Os seus salarios, xa moi reducidos e dependentes sempre do número total de cigarros producidos (cobraban por peza), víronse aínda máis ameazados coa chegada das novas máquinas de picar tabaco.
 Vía: Praza Pública
 
Vista aérea da Fábrica de Tabacos da Coruña CC-BY-SA Manolo Feal
 
Podes ler a noticia completa AQUÍ

Sem comentários:

Enviar um comentário