18/01/19

21 días co galego e +





21 días co galego e + é un programa promovido pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que ten como finalidade promover o uso do galego oral entre a xente nova.



Este programa de dinamización lingüística nace para que os adolescentes falen máis o galego e perfeccionen o seu uso dentro e fóra dos centros educativos. Alén diso, búscase tamén que analicen a súa relación coas linguas que coñecen, e máis concretamente co galego, para vel cal é o lugar que ocupa e pode ocupar na súa vida.
(...)
Agora, a Secretaría quere dar un paso máis con esta experiencia e exportala a outros centros educativos. Para iso, pon en marcha o programa 21 días co galeog e + en catro institutos de Galicia:
  • O IES Pontepedriña de Santiago de Compostela
  • O IES Antón Alonso Ríos de Tomiño
  • O IES Otero Pedrayo de Ourense
  • O IES Francisco Daviña Rey de Monforte de Lemos                                                                                            Vía: O portal da lingua galega
Pilar Ponte é a profesora responsábel deste proxecto. Desde ESTE enlace podes acceder ao blog de 21 días co galego e +

Sem comentários:

Enviar um comentário