
Veñen de facerse públicas as candidaturas para a edición do 2012 do prestixioso Premio Memorial Astrid Lindgren (ALMA).
O premio outórgase anualmente a un ou varios receptores, independentemente o idioma ou da nacionalidade, e pode concederse a escritores/as, ilustradores/as, por toda a súa obra e a proxectos ou organización que fixeran valiosas aportacións na literatura infantil e xuvenil no fomento da lectura.
En total, na edición do 2.012, hai 184 candidatos de 66 países. O nome dos gañadores farase público o 20 de marzo de 2.012.
Os candidatos nominados por España son:
Categoría autor/a: Fina Casalderrey, Javier Sáez Castán (escritor/ilustrador)
Categoría ilustrador/a: Miguel Calatayud, Elena Odriozola, Miguel Anxo Prado.
Vía: Gálix
Sem comentários:
Enviar um comentário