QUE CONTA?
E Xoel aprendeu a voar, de Marica Campo, conta a historia dun rapazolo de 13 anos que se chama Xoel. Xoel apenas ten vida fóra da PSP e da arañeira. Vive pegado ao computador e esta vida complicarase co misterio do Merlo Branco. Paco e Carme son os seus atarefados pais e Eunice, a moza brasileira pola que suspira o noso protagonista. Fábio, Daniel e Sara son outros dos seus amigos que secundarán as andainas de Xoel. Don Santiago, o seu avó, constrúe un motoveleiro e vive os remorsos dunha gran mentira. Estes e outros personaxes están ao servizo dunha novela que mantén o interese e a intriga ata o final.
É a historia dunha trama contemporánea na que un neno individualista que só ten interese polas novas tecnoloxías aprende unha lección moral e educativa, a partir duns e-mails que lle envía unha persoa anónima ao ordenador. O noso protagonista descobre que o ordenador só é un medio e non un fin e que resulta unha ferramenta educativa se se fai un uso axeitado del. Xoel é un neno abúlico, que leva unha vida pasiva e sedentaria. Prefire mil veces estar diante do ordenador ca ir xogar cos amigos. Seus pais prevén a posibilidade de mandalo a un ximnasio, mais a Xoel parécelle innecesaria toda actividade que requira un mínimo esforzo. A súa vida cambiará dunha maneira progresiva na obra. O protagonista vivirá aventuras incribles cos seus amigos, que o levarán a descubrir lugares e segredos inesperados, grazas a unha persoa anónima que parece sabelo todo del.
Na obra abundan os contidos didáctico-pedagóxicos, dos que pode enriquecerse o lector traballando temas como a educación intercultural, a educación na rede, a educación para o medio, o tratamento da lingua, a educación para a igualdade, así como o coñecemento de diferentes culturas e diversas zonas xeográficas. Ofrécese unha aprendizaxe guiada, onde o lector vai desenvolvendo unha curiosidade por coñecer as aventuras emprendidas polos personaxes, o que o levará a continuar coa lectura, adquirindo á súa vez novos coñecementos e ampliando así a súa cultura xeral. A novela pretende ser unha lección á sociedade consumista actual, onde predomina a pasividade fronte á necesidade de socializarse do ser humano.
DE PALABRA E IMAXE A ilustradora desta obra é Noemí López Vázquez, que naceu en Lugo o 22 de novembro do ano 1974; leva practicamente toda a súa vida na cidade da muralla onde se formou como deseñadora gráfica, decantándose pola ilustración. No campo do deseño gráfico traballa fundamentalmente o cartelismo, despois de gañar algún certame. Paralelamente comezou a facer ilustracións para outros soportes como xornais e revistas e, pouco despois, a ilustrar libros de literatura infantil e xuvenil, así como libros de texto, libros de natureza, cubertas de libros, catálogos, soportes multimedia, deseño de escenografía, etc... Como ilustradora participou en diversas charlas e sesións-obradoiros de fomento para a lectura, e exposicións colectivas sobre ilustración. Dende o ano 1999 ata o ano 2003 formou parte como vogal ilustradora da directiva de Gálix (Asociación Galega do libro infantil e xuvenil). Traballou como debuxante de animación despois dun período de formación en Limaía Produccións. Actualmente continúa a desenvolver paralelamente á ilustración, proxectos dentro do mundo dos debuxos animados, e deseño de escenografía para teatro. Algúns libros deseñados por esta artista de extensa produción son: Podesvir, de Fina Casalderrey; As Porcas Porquiñas, de X. Antonio Neira Cruz; Xograr Cangas e Asociados, de X. Antonio Neira Cruz; María está a pinta-lo mar, de X. Antonio Neira Cruz; Olo - Iepu - Iepu, de Paula Carballeira; Os Catro Amigos, adaptación do conto Os músicos de Bremen dos irmáns Grimm, por Xoán Couto. Editado por Kalandraka; Adiviñas para xogar, de Sabela Álvarez Nuñez; Os Ladróns de Tixolas, de Xosé A. Perozo; Érase una vez... Lugo, Pécs, Tanum, Verona, varias autoras; A Alfombra falsa, de Xavier López Rodríguez; A Raposa no Galiñeiro, de Antonio Reigosa; Endrina e o Segredo do Peregrino III edición, de Concha López Narváez; A Viaxe a Compostela de Renato Ratoni, de X. Antonio Neira Cruz...
UN ANACO "Xoel subiu de dúas en dúas as escaleiras que levaban ao sobrado. O avó alegrouse de verllo facer con tanta enerxía e pensou que quizais lle correse algo máis de sangue polas veas do que el supoñía. Á fin e ao cabo, non tiña por que ser un fervellasverzas coma el. Era evidente que saíra ao pai e que era un rapaz pousón de seu; mais, se lle prestasen atención, algo había mudar. Xa falara disto cos pais noutras ocasións, pero semellaba que todo caía en saco roto. Xoel acariñou o computador tal como lle vira facer ao avó coa avioneta. Se tivese á man un bolígrafo axeitado, talvez caese na tentación de escribir tamén un nome, «Eunice», sobre a pantalla. Mais por fortuna non o tiña. Apresurouse a entrar no correo e... alí estaba. Con data 2 de xaneiro a rapaza cumprira a súa promesa. Era unha longa misiva".
QUEN É QUEN Marica Campo (María Pilar Campo Domínguez) naceu no Val do Mao no concello do Incio (Lugo), o 24 de febreiro de 1948. Cursou a carreira de Maxisterio e realizou estudos de Teoloxía. Malia declararse mestra non vocacional, Marica Campo exerceu como profesora de Lingua e Literatura Galega durante trinta e seis anos no Instituto Poeta Díaz Castro en Guitiriz, ata a súa xubilación anticipada. Ata o ano 1992 en que sae ao público a escolma de poemas Tras as portas do rostro, Marica só tiña editada unha obra de teatro e poemas en revistas e publicacións contadas. Así mesmo, participaba con frecuencia en recitais e escribía letras de cancións para grupos musicais como Fuxan os Ventos. Na actualidade, dedica todo o seu tempo á literatura e segue re sidindo en Guitiriz onde foi nomeada Chairega de Honra pola Asocia ción Cultural Xermolos e a Fundación Manuel María da Terra Chá en novembro de 2007. Algunhas das súas obras son: O Premexentes non pode cos paxaros rebezos (1987); Tras as portas do rostro (1992); Confusión e morte de María Balteira (1996); Pedinche a luz prestada (2001); Memoria para Xoana (2002); Abracadabras (2007); Sextinario: trinta e seis + tres (2007) ou O Divino Sainete (2008).
RECOMENDADO Ademais de recomendar a lectura de E Xoel aprendeu a voar, de Marica Campo, aconsellamos tamén a lectura d’O diario vermello de Carlota, de Gemma Lienas (Ed. Galaxia); O diario vermello de Flanagan, de Andreu Martín e Jaume Ribera (Ed. Galaxia); Felicidade perfecta, de Anjel Lertxundi (Ed. Galaxia); A paixón de Alexandra, de Xulio Ricardo Trigo (Ed. Xerais); A cripta do apóstolo, de Pere Tobaruela Martínez (Ed. Xerais) e o Contador de estrelas, de Jaureguizar na Editorial Obradoiro.

Galicia Hoxe 19.05.2010
Sem comentários:
Enviar um comentário