— Meniña, ti a máis fermosa
que a luz do sol
alumbrara;
ti a estrela da
mañanciña
que en puras tintas se
baña;
ti a frol das froridas
cumbres,
ti a ninfa das frescas
augas,
ti como folla do lirio
branca, pura e
contristada
¿Quen eres, fada sin
nome
de tan dormentes
miradas,
de tan dorida sonrisa
de feituriña tan
cándida?
¿Quisais de muller
naceches
sendo tan limpia e tan
casta?
¿Quisais das brisas da
tarde,
quisais das brétemas
vagas
das burbulliñas dun
río,
quisais dunha nube
branca?
¿Ou as espumas do mare
a un raio de sol
xuntadas
pousáronte ó ser de
aurora
nunha cunchiña de
nacra?
Mais, de onde queira
que sexas,
tristísima pasionaria,
por ti sinto un amor
puro
que pouco a pouco me
mata.
Por ti, de noite e de
día,
cal vaga sombra
encantada,
preto do teu vivir
ximo,
ximo cos ventos que
pasan
facendo vibrar sonoras
sentidas cordas dun
harpa,
que con ecos
tembradores
dos meus amores che
falan.
Mais dime: ¿por que
estás muda,
di por que estás
solitaria,
di por que vives nos
montes
cos paxariños que
cantan,
mentras ti choras e
choras
ó pé dun olmo
sentada,
toda de loito cuberta,
toda cuberta de
lágrimas.
Sem comentários:
Enviar um comentário