Castiñeiro dos cen cabalos |
En Europa aínda é posible atopar exemplares de castiñeiros extraordinarios polas súas dimensións, consecuencia da súa lonxevidade. Sen dúbida, o máis notable e famoso de todos eles é o “Castiñeiro dos cen cabalos”.
Débelle o seu nome á lenda
segundo a cal Juana de Aragón, co gallo dunha visita a Palermo,
sorprendida por unha tormenta, goreceuse baixo a copa deste
castiñeiro con todo o seu séquito, formado por cen cabaleiros cos
seus respectivos cabalos.
É
o castiñeiro de máis sona de Italia e probablemente do mundo. Está
no lugar coñecido por Tre Castagni, en Sant’Alfio, que, situada a
550 m sobre o nivel do mar, é unha deliciosa cidade, a menor da
provincia de Catania, cunha envexable arquitectura.
VV.AA.:
O castiñeiro: bioloxía e patoloxía.
Consello
da Cultura Galega
1. Onde se atopa o Castiñeiro dos Cen Cabalos? Achega información sobre este lugar: situtación, lingua ou linguas que se falan, patrimonio...
2. Dá o significado de: lonxevidade, goreceuse, séquito, copa, sona, envexable.
3. Neste enlace tedes información sobre o que se considera o castiñeiro máis antigo de Galicia. Descríbeo indicando todos aqueles datos que consideres relevantes.
Sem comentários:
Enviar um comentário