Abril 26th, 2012 at 11:36
"Despois de varios meses fermentando, hoxe naceu Sermos Galiza, o novo xornal dixital en lingua galega.
Trátase dun proxecto colectivo no que participan persoas como a
escritora Teresa Moure ou o escritor e músico Xurxo Souto. O seu
obxectivo é converterse nun medio que sexa referente da información en
galego, que fomente a participación cidadá e o traballo de colaboradores
de diversos ámbitos.
A información de Galicia será o cerne dos contidos, pero tamén
incluirán información estatal e internacional, dando especial
importancia ás novas que sucedan en Portugal e nos países lusófonos.
Para garantir a súa viabilidade nestes tempos de dificultades, ofrecen a posibilidade de subscribirse ao semanario a través da súa páxina web, co fin de conseguir o apoio de 3000 persoas para garantir a súa viabilidade.
A partir do 17 de maio editarán tamén un semanario en papel.
Longa vida!"
Vía SNL Redondela
Sem comentários:
Enviar um comentário