Manuel Bragado publica hoxe no seu blogue un resumo da intervención de Daniel Cassany na mesa redonda que co título "A lectura no século XXI", veñen de compartir.
LER HOXE
- Ler hoxe é máis importante ca antes. Hai máis cousas que requiren a lectura, un feito que ten que ver co control establecido polos textos escritos. Lemos moito máis.
- Hoxe que sabe ler ten máis poder ca antes. Se tes mellor competencia lectora, podes facer moitas máis cousas.
- Ler hoxe é moito máis difícil e complicado ca antes. Ler na rede require domina runha serie de programas e tecnoloxías, ademais de atender a non ser enganado polas moitas mentiras e falsidades que alí se poden atopar. A lectura na rede require doses máis elevadas de comprensión e crítica.
- Ler en Internet é máis técnico. Para sacarlle o mellor partido a esta lectura dixital cómpre coñecer instrumentos especializados, como o funcionamento de verificadores ortográficos, dicionarios en liña ou outras ferramentas de busca.
- Ler hoxe é moito máis diverso ca antes. En Internet ninguén sabe nin pode lelo todo, razón pola que debemos asumir que todos somos parcialmente analfabetos en algúns eidos. Esta é a razón pola que no sistema educativo debemos facer lectores transitivos.
- Ler hoxe está máis vencellado a escribir. En Internet todos somos abellas obreiras colaborando na produción do mel. Na rede valóranse as persoas activas, as que producen contido. Así o libro hoxe pasou de ser unproduto a transformarse nun servizo.
- Ler hoxe remata con varios monopolios e preeminencias. Estamos vivindo un tempo no que remata o monopolio da escritura correcta, xa que hai unha parte significativa de escritura pública (como a utilizada nos sms, twitter) que non se atén a todas as convencións ortográficas. Estas formas dixitais non correctas serían variedades dialectais. Vivimos como remata a preeminencia do textual sobre o audiovisual e como a escola e outras institucións educativas xa non son os únicos lugares onde se aprende a lectura e a escritura.
Información completa da noticia aquí
Sem comentários:
Enviar um comentário